jueves, 28 de mayo de 2009

XUÍZOS SUMARÍSIMOS




O 20 de agosto de 1936 a prensa publica a noticia dun xuízo sumarísimo contra dous porriñeses que foron os primeiros mártires deste concello que tiveron un xuízo, unha farsa de xuízo obviamente.
Dos 13 porriñeses encausados 4 xa foran paseados, outros 4 agardaban ser xulgados en trámite ordinario, 3 estaban fuxidos nos montes ou agachados. O día 17 de agosto o xuíz militar tomaba declaración a José Francés Carpinteiro e a continuación declaraban terminado o sumario (causa 534/36).que levaba á autoridade militar, o xeneral xefe da oitava división, que recibía o informe no mesmo día. Ao día seguinte o fiscal asinaba as sua conclusións.
"Os dous procesados contra quen siguese en xuízo sumarísimo esta causa son José Francés Carpintero e Manuel López Losada "Mandamadre"." Mandamadre" foi inductor do movemento e serviu de enlace con Tui e Vigo e o outro procesado Carpintero fabricou explosivos e fixo disparos contra as tropas cando entraron a restablecer a orde."
O consello de guerra celebrouse o día 20 en audiencia pública e tras a lectura das dilixencias do sumario tocoulle o turno á defensa dos acusados que presentaba ao comandante do posto da garda civil do Porriño. Con esta testemuña a quenda da defensa transformouse noutro alegato de acusacións servindo este exemplo como unha mostra máis da perniciosa e corrupta mecánica seguida polos tribunais militares no xuízos sumarísimos .
Tanto J.Francés como Losada forón declarados culpables do delito de traición a la patria e condenados a pena de morte. foron pasados polas armas o día 27 de agosto na Alameda de Tui. Con eles foron fusilados varios tudenses(a maioría dirixentes da C.N.T de Tui ).

No hay comentarios:

Publicar un comentario