lunes, 1 de junio de 2009

OS CAMPOS DE CONCENTRACION


Durante este período as vellas edificacións do lazareto e a organización dos espazos das illas responderá ao novo cometido carcerario, aproveitándose todas as construcións existentes para o seu novo uso. Nalgúns edificios ubícanse os lugares de residencia dos presos, nos que pernoctan amoreados centenares de detidos, que nos momentos de maior masificación chegan a superar as 2.000 persoas. Ademais dos presos que habitan o propio campo, no outono de 1937 chega ás proximidades de San Simón un buque prisión chamado Upo Mendi cuns 600 presos no seu interior, que van vivir a bordo e en peores condicións que na illa.
O 18 de xullo de 1936 prodúcese a sublevación militar que dá comezo a Guerra Civil española e que supón en Galicia o fin do réxime democrático da Segunda República e o comezo dunha longa ditadura que durará ata despois da morte do xeneral Franco, en 1975.
No que supón a páxina máis amarga da historia destas illas, os golpistas sublevados converterán en outubro de 1936 a San Simón nunha cruenta e precaria prisión de presos políticos na que se calcula que padeceron cárcere máis de seis milleiros de cidadáns, ata o seu feche en 1943.O cárcere emprazábase propiamente na illa de San Simón e estaba atendido por funcionarios de prisión e vixiada por forzas militares, que ubicaban a súa gornición na illa de San Antonio. O mar que rodea o campo, a vixilancia da cadea mediante garitas, as roldas das patrullas militares e o medo dos presos fai que apenas se produzan fuxidas.
Ao medo que deben padecer os presos, especialmente intenso nos primeiros meses de funcionamento do campo de concentración, e aos sistemas represivos que se empregan, cómpre engadir as nefastas condicións sanitarias, de servizos básicos e de alimentación dos reclusos. As malas condicións do lugar e esta precariedade ocasiona desnutrición e enfermedades, o que se traduce, nalgúns momentos, nunha alta mortandade de presos.
So a solidariedade entre reclusos e o apoio que reciben de familiares, amigos e veciños logran aminorar en parte dita situación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario