jueves, 28 de mayo de 2009

XUÍZOS SUMARÍSIMOS




O 20 de agosto de 1936 a prensa publica a noticia dun xuízo sumarísimo contra dous porriñeses que foron os primeiros mártires deste concello que tiveron un xuízo, unha farsa de xuízo obviamente.
Dos 13 porriñeses encausados 4 xa foran paseados, outros 4 agardaban ser xulgados en trámite ordinario, 3 estaban fuxidos nos montes ou agachados. O día 17 de agosto o xuíz militar tomaba declaración a José Francés Carpinteiro e a continuación declaraban terminado o sumario (causa 534/36).que levaba á autoridade militar, o xeneral xefe da oitava división, que recibía o informe no mesmo día. Ao día seguinte o fiscal asinaba as sua conclusións.
"Os dous procesados contra quen siguese en xuízo sumarísimo esta causa son José Francés Carpintero e Manuel López Losada "Mandamadre"." Mandamadre" foi inductor do movemento e serviu de enlace con Tui e Vigo e o outro procesado Carpintero fabricou explosivos e fixo disparos contra as tropas cando entraron a restablecer a orde."
O consello de guerra celebrouse o día 20 en audiencia pública e tras a lectura das dilixencias do sumario tocoulle o turno á defensa dos acusados que presentaba ao comandante do posto da garda civil do Porriño. Con esta testemuña a quenda da defensa transformouse noutro alegato de acusacións servindo este exemplo como unha mostra máis da perniciosa e corrupta mecánica seguida polos tribunais militares no xuízos sumarísimos .
Tanto J.Francés como Losada forón declarados culpables do delito de traición a la patria e condenados a pena de morte. foron pasados polas armas o día 27 de agosto na Alameda de Tui. Con eles foron fusilados varios tudenses(a maioría dirixentes da C.N.T de Tui ).

miércoles, 27 de mayo de 2009

AGOSTO A MORTE SAÍU Á RÚA (os paseado)


Ao mesmo tempo que se ocupaba manu militari o poder municipal, comezaba a eliminación dos lideres e a represalia sobre centos de persoas que simpatizaban coa fronte popular.
O día 4 de agosto, o alcalde suspende de emprego e soldo a un grupo de funcionarios e abrindo deste xeito outras variantes da represalia, sistema que será aplicado na administración, no ensino, na xustiza e noutras instancias.
O oficial 1º do concello, ademais de sufrir a represalia na institución municipal caberíalle a desgraza de pertencer ao 1º grupo de vítimas asasinadas utilizando o sistema do paseo. Xunto a el os socialistas José Juan Teixeira.
Tras afirmar a existencia dun comité de defensa da república o auto de procesamento acusábaos
de actuar xuntos e que as resultas das suas actuacións se declaro en Porriño a folga xeral.
Así como avanzaban os días, en plena orxía de sangue, a represión sistemática estendía o seu campo de acción e comezaban a publicarse na prensa a requisitorias para que os elementos fuxidos se presentasen diante das novas autoridades.
Outra modalidade da represalias foron as multas económicas impostas aos desafectos do golpe militar non só para castigalo senón tamén para fornecer de recursos económicos aos sublevados.

lunes, 25 de mayo de 2009