lunes, 1 de junio de 2009

SEGUNDO PAMPILLÓN (O Alcalde de Mos)



Naceu en Tameiga, concello de Mos no ano 1907 e morreu no ano 1980.

Recibiuse de perito mercantil en Vigo. Logo foi administrador da empresa madereira da súa familia.

En marzo de 1936 é elixido alcalde de Mos pero o 2 de agosto foi obrigado a renunciar.

Sufriu cárcere en Tui e logo en Vigo. Ao poco tempo puido fuxir a Portugal onde foi reclamado polo seu irmán que xa vivía en Arxentina. Chegou a Bos Aires en 1937.

Comeza a formar parte do Centro Republicano Español.

En 1960 foi membro do Consello de Galicia e participou e foi o impulsor do actual Instituto de Cultura Galega do Centro Galego de Bos Aires.

Dedicouse ao xornalismo radial participando do programa Galiza en América que se transmitía por Radio Nacional de Bos Aires e colaboraba con Luís Seonae no programa Galiza Emigrante.

Participaba arreo en tódolos actos políticos e culturais da colectividade.

O que fora alcalde de Mos durante a II República, exiliado en Bos Aires e home de radio, empezou a gravar tódolos actos.

As gravacións de Segundo Pampillón forman o núcleo central dos nosos fondos americanos ( o 90% procede de Arxentina ).

OS CAMPOS DE CONCENTRACION


Durante este período as vellas edificacións do lazareto e a organización dos espazos das illas responderá ao novo cometido carcerario, aproveitándose todas as construcións existentes para o seu novo uso. Nalgúns edificios ubícanse os lugares de residencia dos presos, nos que pernoctan amoreados centenares de detidos, que nos momentos de maior masificación chegan a superar as 2.000 persoas. Ademais dos presos que habitan o propio campo, no outono de 1937 chega ás proximidades de San Simón un buque prisión chamado Upo Mendi cuns 600 presos no seu interior, que van vivir a bordo e en peores condicións que na illa.
O 18 de xullo de 1936 prodúcese a sublevación militar que dá comezo a Guerra Civil española e que supón en Galicia o fin do réxime democrático da Segunda República e o comezo dunha longa ditadura que durará ata despois da morte do xeneral Franco, en 1975.
No que supón a páxina máis amarga da historia destas illas, os golpistas sublevados converterán en outubro de 1936 a San Simón nunha cruenta e precaria prisión de presos políticos na que se calcula que padeceron cárcere máis de seis milleiros de cidadáns, ata o seu feche en 1943.O cárcere emprazábase propiamente na illa de San Simón e estaba atendido por funcionarios de prisión e vixiada por forzas militares, que ubicaban a súa gornición na illa de San Antonio. O mar que rodea o campo, a vixilancia da cadea mediante garitas, as roldas das patrullas militares e o medo dos presos fai que apenas se produzan fuxidas.
Ao medo que deben padecer os presos, especialmente intenso nos primeiros meses de funcionamento do campo de concentración, e aos sistemas represivos que se empregan, cómpre engadir as nefastas condicións sanitarias, de servizos básicos e de alimentación dos reclusos. As malas condicións do lugar e esta precariedade ocasiona desnutrición e enfermedades, o que se traduce, nalgúns momentos, nunha alta mortandade de presos.
So a solidariedade entre reclusos e o apoio que reciben de familiares, amigos e veciños logran aminorar en parte dita situación.